Ciberseguridade

Ciberseguridad | Hand pushing virtual security button on dig… | Flickr

    A ciberseguridade consiste en protexer de posibles ameazas dixitais os equipos, as redes os datos e as aplicacións de software. Os ciberataques pretenden destruir, modificar ou simplemente acceder a esta información co fin de facer dano aos usuarios ou negocios. 

    Este é un tema moi importante, xa que pode afectar directamente á nosa vida cotiá. Por iso, é vital ter en conta os varios aspectos. O primeiro sería concienciarse dos perigos que conleva non cumprir cos principios básicos da seguridade de datos. Por exemplo, ter contrasinais seguras, facer copias de seguridade e ter coidado cos arquivos adxuntos nos correos electrónicos e outras mensaxes. Isto evitará problemas coma a sulpantación de identidade.

    En canto ás empresas e negocios, teñen que ter unha continuidade do negocio mediante un plan de acción feito con anterioridade. Así, poderán seguir funcionando aínda despois dun ciberataque. Por exemplo, isto sucedeu no ano 2014 cando a cinematográfica Sony Pictures quixo facer unha comedia de Corea do Norte. Cinco películas non estreadas aínda foron filtradas a internet, o que produciu grandes perdas. 

    En definitiva, a ciberseguridade é realmente importante se queremos evitar complicacións e ter unha vida máis amena. Polo tanto, anímoche a pensar que elementos da túa seguridade podes mellorar para ter unha mellor interacción no internet.



Fonte 1

Fonte 2

Fonte 3

Imaxe

Comentarios

Lo más visitado