Cartel xerado coa IA e con Canva

    Hoxe decidín crear dúas imaxes ou carteis con diferentes métodos para que poidades comparar e aprender como utilizalos.

    Para crear a primeira imaxe utilizouse a IA Craiyon. Introducindo unha sinxela frase en inglés a páxina web transformará as túas ideas en diversas imaxes das que podes elixir. A continuación, o único que se ten que facer é descargala. Neste caso, eu puxen algo similar a cabaza rodeada de follas de outono, alumeada con luces de velas, con estilo impresionista. Non quería facer nada espeluznante e gustoume moito esta composición. É tan simple coma iso!


    O cartel fíxose con Canva, unha plataforma que permite crear os teus propios deseños a base dunhas plantillas (a maioría gratuítas). É necesario rexistrarse para poder acceder a elas, pero a verdade paga a pena. Ao entrar, hai que clicar na sección de "Crear". Para este caso, eliximos a opción "cartel". Despois, temos dúas opcións: facer o noso cartel desde cero ou escoller unha plantilla. Eu fixen o meu a partir dunha plantilla que despois editei. Podes cambiar as cores, os elementos que ten e o texto. Cando a teñas, podes descargala desde "compartir" e elixir a opción que prefiras. No meu caso, foi .png. Así, xa terías un incrible cartel para a ocasión que prefiras.


Espero que esta pequena guía fose de axuda para ti!


Comentarios

Lo más visitado